José Costa: “Con Romanarmy estamos cambiando a forma de descubrir o pasado de Galicia”
Blog sobre ciencia, periodismo científico y comunicación científica. Noticias y consejos para una mejor divulgación de la ciencia en el entorno digital y offline.
noticias de ciencia, blog sobre ciencia, periodismo científico, comunicación científica, periodista científico, historias sobre ciencia, divulgación científica
658
post-template-default,single,single-post,postid-658,single-format-standard,do-etfw,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-17.2,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-5.6,vc_responsive
jose costa romanarmy dron

José Costa: “Con Romanarmy estamos cambiando a forma de descubrir o pasado de Galicia”

En 1990 unicamente se coñecían 11 xacementos militares romanos de época altoimperial nas rexións septentrionais da península ibérica, e agora podemos falar de aproximadamente 100. Un grande número destes recentes descubrimentos foron detectados e estudados mediante o emprego de técnicas innovadoras. O proxecto Romanarmy é un dos que contribuíu a este enorme avance e nel participa José Costa, doutor en Arqueoloxía e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Nesta entrevista conversamos con el para coñecer un pouco máis sobre esta importante iniciativa e sobre a súa visión da divulgación científica.

Que che motivou a ser arqueólogo?

No meu caso, ao contrario que moitos dos meus compañeiros, que se inspiraron en personaxes de ficción como Indiana Jones ou na idea romántica da arqueoloxía, foi unha cuestión máis ben fría. Eu quería resolver crebacabezas e pensei que os crebacabezas históricos ían ser os máis atractivos porque tiñan un impacto social máis patente. Responder incógnitas da humanidade parecíame algo moi atractivo. Logo, evidentemente, no día a día fanse cousas máis concretas, pero parecíame algo magnífico porque combinaba aspectos relacionados cos estudos máis clásicos, tradicionais e literarios das humanidades, en conexión con ese romanticismo dourado e, doutro lado, existe unha materialidade que pode estudarse usando novas tecnoloxías. É un campo no que se combinaban moitas cousas. A arqueoloxía é un paraugas que abarca todo iso.

Por que o estudo da presenza militar romana e non outro?

A verdade é que Roma é unha das primeiras institucións que pon en marcha diversos aspectos ou cuestións que a día de hoxe non temos moi manifestas pero están aí. Foi a primeira estrutura estatal que se constituíu en Europa e o exército actuou como o brazo forte desta institución. O proceso polo cal se expandiu o Imperio romano podería axudarnos a entender moitos fenómenos máis recentes, como pode ser o imperialismo, o colonialismo ou os denominados conflitos asimétricos, nos que podemos ver como interactúa unha potencia exterior coa poboación nativa. Pensei que era un campo de estudo bastante interesante e cunha evidente relación co noso presente. Só hai que pensar en Vietnam e Afganistán, por exemplo.

romanarmy jose costa explicacion

José Costa nunha sesión de divulgación.

E coñecer o pasado axuda a comprender ou mellorar o presente…

Por suposto. No caso concreto do noroeste peninsular e de Galicia había un baleiro, é dicir, este tema estudouse desde un punto de vista mais ben clásico e eu quería achegar algo novo, datos inéditos que permitisen ter un novo paradigma, cambiar as vellas narrativas. Non se trata de reescribir os libros dicindo que cambiamos a historia por facer ver que nós fixemos algo diferente. Queriamos dar unha visión o máis acabada posible de ese pasado que nos permitía telo como espello e referente.

De feito, co proxecto Romanarmy descubríronse máis xacementos dos que inicialmente se tiña coñecemento. E foi posible grazas a unha técnica innovadora, o LIDAR, podes explicar en que consiste?

Efectivamente. O LIDAR é unha técnica revolucionaria porque permite ver o terreo nu. Loxicamente, non apareceu da nada, senón que incorporouse a outras metodoloxías e técnicas de teledetección usadas previamente, por exemplo a fotografía aérea. Pero sucede que na nosa paisaxe, na que hai unha presión humana moi forte e que nas últimas décadas vive un proceso de reforestación masivo, precisamente esta técnica tiña a capacidade de ver máis alá, de remover eses factores e ensinarnos o que hai detrás.

Se tiveras que destacar os principais fitos deste proxecto ata agora?

Estamos moi contentos porque en tres anos avanzamos moito. Houbo un fino traballo de desbroza, de reconstrución e recompilación de información nova. Descubrimos aspectos inéditos da nosa historia e cambiar a historia é complicado. Con Romanarmy estamos mudando un paradigma, loitando contra ideas e formas herdadas de estudar o noso pasado. Pero, ao mesmo tempo, redescubrimos cousas que xa estaban aí sempre pero ás que non se lles prestara a debida atención. Isto permítenos observar que os cambios non suceden de hoxe para mañá nin que as persoas que vivían daquela en Galicia pasaron a falar latín de repente. Aceptar isto implica eliminar as explicacións fáciles do discurso, porque a historia non é nunca simple. Para explicar cada detalle hai que establecer conexións con moitos outros fenómenos. Cada novo dato permite revisar a vella información. Por iso seguiremos traballando para procurar máis nexos e saber máis do noso pasado.

Desde os anos 80, a divulgación científica foi a máis. Porén, cal é a túa impresión, cres que hai máis e mellor divulgación científica hoxe?

Penso que a divulgación é unha arma de dobre fío. Por unha banda, a dispoñibilidade de máis canles de comunicación ten que ser unha vantaxe para os científicos, e xa non existe a escusa de que é complicado facer a información accesible. Pero tamén provoca moitísimo ruído de fondo e provoca desinformación, o que é un risco cando tratas con temas que a xente pode considerar identitarios. A transmisión da información é sempre complicada: hai xornalistas que resaltan determinados aspectos na súa noticia e logo as persoas á súa vez extraen o que lles interesa desa noticia. A ciencia xa non controla a información neste proceso, pero pode sufrir nalgúns casos os efectos de esas reintrepretacións ou visións.

Para nós o problema sempre son as narrativas, é dicir, como chegamos á xente. Nós temos un montón de recursos: vídeos, drons, etc. E, ao mellor, pasamos un traballo tremendo elaborando contidos de gran valor para que a xente opte por consumir un formato máis tradicional ou menos elaborado. Isto demostra que non sempre se acerta co formato ou a canle utilizada nin que sempre se pode controlar o proceso de comunicación. Pero si se aprende un montón, sobre todo a través das estatísticas que achegan estas canles, como as webs ou as redes sociais. Por iso hai que estar en constante labor de actualización e posicionamento. A divulgación é outra parte fermosa da ciencia, e a sociedade debe esixir que os seus científicos sexan activos neste eido.

romanarmy jose costa visita didactica

José Costa durante unha visita didáctica.

Precisamente no que apuntas está implícito o eterno conflito entre científicos e comunicadores…

A min agrádame esa colaboración. De feito, unha das cuestións que máis me gustou do proxecto Romanarmy foi entrar en contacto con profesionais doutros ámbitos e entender a súa maneira de pensar e traballar. Por exemplo, cando un xornalista che pide concreción ou un titular, axúdame un montón a estruturar o meu pensamento e a asumir a idea de que a investigación hai que adaptala a outros ámbitos para obter unha maior difusión e impacto social. E cambiar ese mecanismo de pensamento para a xente académica pode ser moi difícil. De aí a importancia de traballar con persoas de distintos ámbitos e con diferentes perspectivas. Dese xeito deséñanse estratexias máis innovadoras. Se facer algo supón un esforzo significa que se está abrindo campo.

Cales consideras que son os retos de futuro da arqueoloxía?

A arqueoloxía é unha disciplina permeable que ten distintos campos aos que expandirse e é bastante sensible á divulgación. De feito, existe unha perspectiva coñecida como arqueoloxía pública. Esta implícase no traballo cos comunidades locais, inseríndoas no proceso de produción da ciencia e converténdoas en axentes de seu. Artellar investigación con memoria e usos tradicionais é algo fascinante e axuda a que as comunidades non vexan a ciencia como algo alleo e, en moitos casos, nocivo para o seu modo de vida. A arqueoloxía establece un diálogo, o cal é algo positivo, e unha garantía de futuro neste eido de coñecemento.

Toda ciencia é cultura, pero parece que na arqueoloxía esa evidencia é aínda maior. Que opinas?

Estou de acordo. A arqueoloxía establece un diálogo co pasado e a xente é moi celosa do seu pasado, ten moito interese nel. Neste caso non estamos falando de algo que pode resultar máis aséptico, como os átomos, senón que se trata dun campo que ten sentimentos e implicacións políticas, culturais e sociais. É identidade. De feito, nos últimos anos, xurdiron numerosas asociacións locais para protexer o seu patrimonio histórico e cultural, que demandan máis información e unha maior protección do seu legado. Tamén denuncian a inacción das autoridades.

Somos conscientes de que na actualidade non se pode chegar a protexer todo o noso patrimonio cultural cos recursos que temos á nosa disposición, é imposible. Por iso, hai que crear unha rede diferente, que non sexa de arriba para abaixo. Nós podemos establecer unha ponte entre institucións e esas asociacións e darlle armas aos veciños para protexer o seu patrimonio e facilitar un protocolo de actuación á Administración para que axilice os procesos. O obxectivo é establecer un diálogo fluído. Galicia ten un patrimonio numeroso e diverso, pero cada vez menos poboación para velar por el. Se non é imposible protexelo cos métodos e medios actuais, temos que cambiar as regras do xogo.

Imaxes: Cedidas por José Costa.

Escríbeme

¿Y tú qué opinas? Me gustaría conocer tu perspectiva para intercambiar opiniones y conocimientos. Puedes escribirme a:

No hay comentarios

Publicado un comentario